Adjunts
          | Adjunt | Mida | 
|---|---|
| Programa | 332.14 KB | 
| Presentación del primer día | 4.23 MB | 
| Presentación del segundo día | 3.74 MB | 
Àmbits Temàtics
          
      Àmbits de Treball
          
      | O primeiro informe sobre violencias machistas dixitais do Observatorio Stop Machitroles presentarase o 27 de xaneiro | 
| A Cátedra de Feminismos 4.0, a través do seu Observatorio Stop Machitroles presentará o seu primeiro informe sobre violencias machistas dixitais o próximo 27 de xaneiro ás 11:00h. | 
| Sesión de mañá: presentación do informe | 
| A apertura do acto, correrá da conta da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, será o encargado de clausurar a presentación. Tras a breve presentación do informe por parte de Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, celebrarase un debate coa experta Elisa García-Mingo, no que posteriormente poderá participar o público. O evento poderá seguirse en liña a través da canle Directo 1 da UVigoTV, no seguinte enlace: https://bit.ly/StreamingSTOPMachitroles As persoas que o desexen poderán asistir presencialmente á sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (Rúa Eduardo Chao, 17). As prazas están limitadas ata completar aforo. | 
| Sesión de tarde: obradoiro de autodefensa dixital | 
| Pola tarde, de 16 a 18 h, o colectivo Donestech impartirá un obradoiro práctico en formato online sobre autodefensa dixital feminista con perspectiva de xénero. A través del, as persoas participantes poderán coñecer e combater os distintos tipos de violencias machistas dixitais. A inscrición no taller pódese facer no seguinte formulario: https://bit.ly/ObradoiroAutodefensaDixital Este obradoiro en liña continuará nunha segunda sesión o 3 de febreiro pola tarde, no mesmo horario. | 
| O programa completo da xornada pódese consultar e descargar aquí. | 
| Unidade de Igualdade Universidade de Vigo Tfno.: 986 813 419 igualdade  uvigo [ punto ] es (igualdade[at]uvigo[dot]es) www.catedrafeminismos.gal | 
 



