Hackeando o patriarcado (4ª edición)

Imatge
Àmbits Temàtics
Àmbits de Treball
2–3 de novem­bro de 2022

SOCI­E­DADE DIXI­TAL E XÉNERO. Hacke­ando o patri­ar­cado (4ª edición)


Novos apara­tos ideo­ló­xi­cos: o patri­ar­cado de vixi­lan­cia

 


O próximo 2 e 3 de novem­bro a Univer­si­dade de Vigo, en cola­bo­ra­ción coa Depu­ta­ción de Ponte­ve­dra, orga­niza a cuarta edición do semi­na­rio e obra­doiro SOCI­E­DADE DIXI­TAL E XÉNERO. Hacke­ando o patri­ar­cado. Este ano as inter­ven­ci­óns e a mesa redonda poste­rior anali­zarán e deba­tirán sobre as novas estra­te­xias ideo­ló­xi­cas patri­ar­cais para perpe­tu­arse a través da miso­xi­nia dixi­tal orga­ni­zada: a chamada manos­fera, macho­es­fera ou manhood.



Para as persoas inter­e­sa­das en asis­tir presen­ci­al­mente ao works­hop do 2 de novem­bro, deberán despra­zarse ata o edifi­cio de Redei­ras da Univer­si­dade de Vigo.

Non é preciso confir­mar previ­a­mente asis­ten­cia.



As persoas que asis­tan virtu­al­mente, poderán seguir o semi­na­rio vía stre­a­ming a través da Canle Directo 1 da UVigoTV.



O 3 de novem­bro, en sesión de tarde, en formato exclu­si­va­mente presen­cial na Facul­tade de Comer­cio da Univer­si­dade de Vigo, terá lugar o obra­doiro Rees­cribe o código. Obra­doiro de educa­ción en cibe­rac­ti­vismo femi­nista, impar­tido por 7H Coope­ra­tiva Cultu­ral.



As persoas que quei­ran parti­ci­par no obra­doiro do día 3 deberán inscri­birse previ­a­mente no seguinte enlace: https://bit.ly/Inscri­ci­o­nO­bra­doi­ro­Works­hop2022



Podes consul­tar o programa completo do works­hop no seguinte enlace:

programa completo


O patri­ar­cado de vixi­lan­cia non é un fenó­meno illado, senón que se trata doutra expre­sión de violen­cia fóra de liña (offline) contra as mulle­res e reforza os este­re­o­ti­pos de xénero. É unha violen­cia instantá­nea, rápida, viral e omni­pre­sente, arte­llada de forma orga­ni­zada.



Nesta acti­vi­dade, e da man de desta­ca­das exper­tas, quere­mos convi­dar á refle­xión ao redor das carac­te­rís­ti­cas deste terro­rismo dixi­tal misó­xino. Estu­da­re­mos a súa gramá­tica polí­tica e as súas conse­cu­en­cias noci­vas para a demo­cra­cia e os derei­tos huma­nos, ademais de anali­zar como condi­ci­ona a liber­dade das mulle­res na ágora dixi­tal.
Máis infor­ma­ción en:

Unidade de Igual­dade

Univer­si­dade de Vigo


Tfno.: 986 813 419

igual­dadeatuvigo [ punto ] gal (igual­dade[at]uvigo[dot]gal)



www.cate­dra­fe­mi­nis­mos.gal