Donestech: O workshop ‘Hackeando o patriarcado’ celebrará o 18 de novembro

A Cáte­dra de Femi­nis­mos 4.0, impul­sada pola Depu­ta­ción de Ponte­ve­dra a a Univer­si­dade de Vigo, cele­brará o próximo 18 de novem­bro a terceira edición do works­hop “Soci­e­dade dixi­tal e xénero. Hacke­ando o patri­ar­cado“, co obxec­tivo de manter activo un espazo de refle­xión colec­tiva ao redor do deno­mi­nado “patri­ar­cado dixi­tal”.

Este ano o lema será Inte­li­xen­cia arti­fi­cial femi­nista fronte aos algo­rit­mos machis­tas, polo que o works­hop pretende cues­ti­o­nar o papel que están a desem­peñar as tecno­lo­xías na lexi­ti­ma­ción das fendas e nesgos de xénero, así como aten­der a infor­ma­ción rele­vante propor­ci­o­nada polo ecofe­mi­nismo ou tecno­fe­mi­nismo.

Programa e inscri­ción

O works­hop cele­bra­rase en formato semi­pre­sen­cial. A aper­tura do acto será ás 10.00 h e contará coa parti­ci­pa­ción de Carmela Silva Rego, presi­denta da Depu­ta­ción de Ponte­ve­dra, e Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Univer­si­dade de Vigo. A conti­nu­a­ción desen­vol­ve­ranse diver­sas inter­ven­ci­óns e mesas redon­das nas que parti­ci­parán mulle­res refe­ren­tes no eido da inte­li­xen­cia arti­cial, apren­di­zaxe automá­tica e visión arti­fi­cial.

As inter­ven­ci­óns da sesión da mañá estarán prota­go­ni­za­das por Karina Gibert, direc­tora do centro de inves­ti­ga­ción Inte­lli­gent Data Science and Arti­fi­cist Inte­lli­gence (IDEAI- UPC); Lorena Fernán­dez, direc­tora de comu­ni­ca­ción dixi­tal da Univer­si­dade de Deusto e membro do grupo experto da Comi­sión Euro­pea Gende­red Inno­va­ti­ons; Nerea Luis, enxeñeira en Inte­li­xen­cia Arti­fi­cial en Sngu­lar e unha das 100 mulle­res líde­res en España; Ona de Dones­tech, acti­vista dos derei­tos huma­nos en inter­net; Paola Pozzi, coach profe­si­o­nal certi­fi­cada por ASESCO, e Manuel Fernán­dez, profe­sor de Cien­cias da Compu­ta­ción e Inte­li­xen­cia Arti­fi­cial da Univer­si­dade de Santi­ago de Compos­tela (USC).

Na sesión da tarde, reali­za­rase un Wiki­gap, impar­tido por Adrián Esté­vez, editor da Gali­pe­dia e socio de Wiki­me­dia España e Portu­gal, que ensi­nará como lograr unha Wiki­pe­dia compro­me­tida coa igual­dade, medi­ante a visi­bi­li­za­ción do traba­llo das mulle­res.

Para as persoas inter­e­sa­das en asis­tir presen­ci­al­mente, deberán despra­zarse ata a Escola de Enxeña­ría de Tele­co­mu­ni­ca­ción da Univer­si­dade de Vigo, situ­ada no Campus Lagoas-Marco­sende. Neste caso, deberán confir­mar previ­a­mente asis­ten­cia, que tamén deberán soli­ci­tar as persoas que dese­xen parti­ci­par no obra­doiro da tarde.

As persoas que asis­tan virtu­al­mente, poderán seguir o semi­na­rio vía stre­a­ming a través da Canle Directo 3 da UVigoTV.

Podes consul­tar o programa completo do works­hop no seguinte enlace:

Programa completo

Maior prota­go­nismo da inte­li­xen­cia arti­fi­cial femi­nista

A ofen­siva do neoli­be­ra­lismo, aliado do patri­ar­cado, en parti­cu­lar contra as mulle­res, e a situ­a­ción de invo­lu­ción ideo­ló­xica cara a posi­ci­óns de ultra­de­reita, está a propi­ciar un aumento das fendas de xénero en todos os eidos. A isto hai que sumar o retro­ceso nos derei­tos adqui­ri­dos e a ameaza sobre a natu­reza e as pobo­a­ci­óns máis vulne­ra­bles. Nesta situ­a­ción, é preciso reflec­tir o papel dos femi­nis­mos nunha nova era, na que a inte­li­xen­cia arti­fi­cial (IA) está adqui­rindo, cada vez máis, unha grande impor­tan­cia no deseño do noso mundo en todas as ordes.

Por tanto, é impor­tante que a inte­li­xen­cia arti­fi­cial femi­nista adquira maior prota­go­nismo e sexa unha ferra­menta funda­men­tal para garan­tir un novo mundo máis igua­li­ta­rio, xusto e humano.

Ademais, cómpre iden­ti­fi­car, visi­bi­li­zar e difun­dir as diver­sas acci­óns e acti­vis­tas en redes soci­ais neste eido, que presen­ten unha concep­ción “líquida” das tecno­lo­xías, orien­tada a sali­en­tar o seu carác­ter social, a súa utili­dade na reali­za­ción dos traba­llos de coidado, de preser­va­ción da saúde e do medio ambi­ente, seguindo as direc­tri­ces da Axenda 2030. Tamén é nece­sa­rio elabo­rar un docu­mento que compile todos os recur­sos exis­ten­tes neste ámbito, coa fina­li­dade de faci­li­tar a súa compren­sión e divul­ga­ción.

A Cáte­dra, instru­mento para promo­ver a igual­dade

A Depu­ta­ción de Ponte­ve­dra, xunto coa Univer­si­dade de Vigo, teñen como obxec­tivo, a través da crea­ción da Cáte­dra de Femi­nis­mos 4.0, promo­ver a igual­dade, a non discri­mi­na­ción e acce­si­bi­li­dade univer­sal das mulle­res no ámbito das actu­ais soci­e­da­des da infor­ma­ción. En concreto, a promo­ción e o impulso de acti­vi­da­des de inves­ti­ga­ción e inno­va­ción femi­nista en todos os ámbi­tos do coñe­ce­mento, prio­ri­zando os estu­dos rela­ci­o­na­dos coa dixi­ta­li­za­ción actual da soci­e­dade e o ámbito das STEM (siglas en inglés de cien­cias, tecno­lo­xía, enxeña­ría e matemá­ti­cas), onde as mulle­res están infrar­re­pre­sen­ta­das e resulta un espazo cada vez máis rele­vante nas soci­e­da­des do futuro.

 

PRESEN­TA­CI­O­NES (PDF)