Cátedra de Feminismos: O 9 de novembro presentaranse os vídeos do estudo de CIMA sobre a situación das mulleres no audiovisual galego

Presentacion videos CIMA

 

O 9 de novem­bro ás 17:00 h a dele­ga­ción en Gali­cia da Asoci­a­ción de Mulle­res Cine­as­tas e de Medios Audi­o­vi­su­ais (CIMA) e a Cáte­dra de Femi­nis­mos 4.0, impul­sada pola Depu­ta­ción de Ponte­ve­dra e a Univer­si­dade de Vigo, presen­tarán tres vídeos que desta­can as prin­ci­pais conclu­si­óns do estudo A repre­sen­ta­ti­vi­dade e re-presen­ta­ción das mulle­res no audi­o­vi­sual galego.

Na aper­tura do acto parti­ci­pará o reitor da Univer­si­dade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, a decana da Facul­tade de Cien­cias Soci­ais e da Comu­ni­ca­ción, Emma Torres-Romay, e a presi­denta da Depu­ta­ción de Ponte­ve­dra, Carmela Silva.

Poste­ri­or­mente, a direc­tora da Unidade de Igual­dade da UVigo, Águeda Gómez, presen­tará e dará paso a Mari­ana Carba­llal e Amada Traba, dúas das auto­ras da inves­ti­ga­ción. Tamén se cele­brará un debate e unha quenda de pregun­tas para a parti­ci­pa­ción do público.

A presen­ta­ción terá lugar no salón de Graos (3º andar) da Facul­tade de Cien­cias Soci­ais e da Comu­ni­ca­ción da Univer­si­dade de Vigo (Campus A Xunqueira, s/n, 36005 Ponte­ve­dra).

Tamén se poderá seguir en liña a través da canle Directo 1 da UVigo TV: https://bit.ly/Stre­a­ming_CIMA2022

Podes consul­tar o programa do acto no seguinte enlace.

Sobre os vídeos e o estudo

A Cáte­dra de Femi­nis­mos 4.0 apoiou a reali­za­ción de tres vídeos que serven para divul­gar as prin­ci­pais conclu­si­óns do estudo A repre­sen­ta­ti­vi­dade e re-presen­ta­ción das mulle­res no audi­o­vi­sual galego, elabo­rado pola Asoci­a­ción de Mulle­res Cine­as­tas e de Medios Audi­o­vi­su­ais (CIMA).

Este informe, que agora se comu­nica a través de breves pílu­las audi­o­vi­su­ais, busca impul­sar a inves­ti­ga­ción con pers­pec­tiva de xénero sobre a reali­dade audi­o­vi­sual en Gali­cia. Todos os datos reco­lli­dos son desa­gre­ga­dos por sexo, para captar as posi­bles fendas de xénero exis­ten­tes que marcan a situ­a­ción das mulle­res no sector.

Entre outros aspec­tos, analiza a situ­a­ción das mulle­res nos postos de repre­sen­ta­ti­vi­dade, ademais de inda­gar nos roles e víncu­los repre­sen­ta­dos, empre­gando a análise de contido.

Sobre as rela­to­ras

Na presen­ta­ción parti­ci­parán dúas das auto­ras do estudo: Mari­ana Carba­llal e Amada Traba. A conti­nu­a­ción, inclu­í­mos unha breve descri­ción do seu perfil profe­si­o­nal.

Mari­ana Carba­llal

Mari­ana Fernán­dez, de nome artís­tico Mari­ana Carba­llal, é docente, direc­tora de cine, teatro, tele­vi­sión e acti­vista pola igual­dade de xénero na cultura. Actu­al­mente traba­lla como profe­sora de Inter­pre­ta­ción na Escola Supe­rior de Arte Dramá­tica (ESAD de Gali­cia, de Direc­ción en Comu­ni­ca­ción Audi­o­vi­sual na Facul­tade de Cien­cias Soci­ais e Comu­ni­ca­ción da Univer­si­dade de Vigo, e de Inter­pre­ta­ción na Univer­si­dade do Minho (Portu­gal).

Reci­biu o « Premio Gali­cia en Femi­nino », conce­dido pola Xunta de Gali­cia en recoñe­ce­mento á súa contri­bu­ción á visi­bi­li­dade das mulle­res nas artes, e os premios de honra « Xoci­viga » e « Mácara de Teatro », en recoñe­ce­mento á súa carreira profe­si­o­nal.

Amada Traba

Dende 1997 é docente na Univer­si­dade de Vigo, onde imparte a mate­ria de Soci­o­lo­xía da Educa­ción nos graos de Educa­ción Infan­til e de Prima­ria. Leva case trinta anos de parti­ci­pa­ción en nume­ro­sas acti­vi­da­des de forma­ción en igual­dade con pers­pec­tiva de xénero. Tamén foi inves­ti­ga­dora en dous proxec­tos da Cáte­dra de Femi­nis­mos 4.0 da Univer­si­dade de Vigo, así como nun proxecto EQUAL.

No ámbito das polí­ti­cas de igual­dade é coau­tora da primeira « Diag­nose da igual­dade na Univer­si­dade de Vigo » (2010) e das bases para o deseño do « I plan de Igual­dade da Univer­si­dade de Vigo » (2011). Foi cola­bo­ra­dora, en varias ocasi­óns, da Conce­lle­ría da Muller do Conce­llo de Vigo, coor­di­nando a diag­nose para o « Primeiro Plan de Igual­dade das Mulle­res da cidade ».

Enti­da­des promo­to­ras

A Depu­ta­ción de Ponte­ve­dra, xunto coa Univer­si­dade de Vigo, teñen como obxec­tivo, a través da crea­ción da Cáte­dra de Femi­nis­mos 4.0, promo­ver a igual­dade, a non discri­mi­na­ción e acce­si­bi­li­dade univer­sal das mulle­res no ámbito das actu­ais soci­e­da­des da infor­ma­ción. En concreto, a promo­ción e o impulso de acti­vi­da­des de inves­ti­ga­ción e inno­va­ción femi­nista en todos os ámbi­tos do coñe­ce­mento, prio­ri­zando os estu­dos rela­ci­o­na­dos coa dixi­ta­li­za­ción actual da soci­e­dade e o ámbito das STEM (siglas en inglés de cien­cias, tecno­lo­xía, enxeña­ría e matemá­ti­cas), onde as mulle­res están infrar­re­pre­sen­ta­das e resulta un espazo cada vez máis rele­vante nas soci­e­da­des do futuro.